A última etapa do Camiño, xa moi preto da meta. Un percorrido cheo de expectativas, desde Adrei, O Piñeiro a Santiago de Compostela, entra pola porta de Mazarelos por onde entraba o viño do Ribeiro.
Tramo 1: A Gándara - O Piñeiro
Lonxitude: 4,60 Km.
Dificultade: Baixa
Duración estimada: 0 h. 59 min.
O roteiro segue por pista asfaltada ata chegar a Adrei, seguindo o camiño chegaremos ao Piñeiro.
Tramo 2: O Piñeiro - Santiago de Compostela
Lonxitude: 4,50 Km.
Dificultade: Baixa
Duración estimada: 0 h. 58 min.
Saíndo do Piñeiro seguiremos recto dirección Santiago de Compostela, pasamos por baixo da autovía e cruzaremos a ponte de Angrois, seguimos polo camiño real, cruzamos a estrada, continuamos pola rúa do Sar ata o final 1,4 Km, cruzaremos a estrada e entraremos pola porta de Mazarelos (por esta porta entraba o viño procedente da comarca do Ribeiro), Praza de Mazarelos, Praza da Universidade, ao pasar a praza a 100 m, viraremos á esquerda, Fonte Sequelo, rúa Xelmírez ata o fondo da mesma e despois á dereita, estás na Praza do Obradoiro.
Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.