Camiño Xacobeo Miñoto - Ribeiro

Etapa 3: Castro Leboreiro - Cortegada

Castro Leboreiro - Cortegada

Datos:

Lonxitude: 26,30 Km.
Dificultade: Media-Alta
Duración estimada: 5 h. 42 min.
Descargar roteiro: (Kml) Premer aquí.
Neste tramo do Camiño, comezaremos un descenso por vías empedradas, entre pequenas e xenuínas aldeas dirección Monterredondo, acompañarannos unhas vistas panorámicas asombrosas e unha natureza exuberante ata culminar esta etapa en Cortegada.

Tramo 1: Castro Leborereiro (Portugal) - Monterredondo

  • Lonxitude: 6,30 Km.
  • Dificultade: Media-Alta
  • Duración estimada: 1h. 22 min.
Desde Castro LeboreiroPortelinha e Alcobaça entramos en Galicia (España) polo lugar da  Azoreira no Concello de Padrenda, desde o cal descende un camiño lousado entre muros ata a aldea de Lapela. Desde aquí seguimos unha pista asfaltada en descenso ata chegar ao núcleo de Monterredondo, coa súa igrexa parroquial.

Tramo 2: Monterredondo - Crespos

  • Lonxitude: 3,30 Km.
  • Dificultade: Media-Alta
  • Duración estimada: 43 min.
Desde esta aldea, seguimos o camiño por pista asfaltada para virar á esquerda polo camiño de terra ascendente que nos levará á capela de San Miguel, para comezar o descenso que nos achega a outra capela, a de San Amaro, santo destinado a axudar e curar a camiñantes e peregrinos.

Tramo 3: Crespos - Lordelo

  • Lonxitude: 4,00 Km.
  • Dificultade: Media-Alta
  • Duración estimada: 52 min.
Comezamos un pequeno ascenso que nos fará chegar á capela da Virxe da Portela, a cal contén a Cruz da Orde de San Xoán de Xerusalén, seguindo o camiño de terra chegaremos aldea de Lordelo onde hai unha capela dedicada a Santa Isabel.

Tramo 4: Lordelo - Trado

  • Lonxitude: 4,90 Km.
  • Dificultade: Media-Alta
  • Duración estimada: 1 h. 4 min.
Continuando o camiño, en parte lousado e en parte de terra chegaremos a punto estratéxico do roteiro, A igrexa do Condado, neste lugar hai documentado a existencia dun hospital. Neste punto únese co ramal principal do camiño, o que vén de Monção e Melgaço (Portugal).

Saíndo desta aldea o camiño prosegue dirección á aldea de A Carreira por un camiño lousado e de terra ata o pequeno núcleo de A Espiña cun peto de ánimas nunha encrucillada de camiños. Desde este punto deixamos o concello de Padrenda para penetrarnos no de Pontedeva. Desde a última a aldea, A Espiña, seguimos pola estrada  OU-801 - OU-193 ata chegar ao polígono de Trado o cal baixa por un camiño de terra ata chegar á aldea de Trado.

Tramo 5: Trado - Vilanova da Barca

  • Lonxitude: 4,5 Km.
  • Dificultade: Media-Alta
  • Duración estimada: 52 min.
Cruzaremos a aldea de Trado pola zona máis antiga ata chegar preto da igrexa parroquial. A partir de aquí vaise descendendo por un camiño de terra con algúns tramos lousados para chegar a Ponte de Trado, ponte histórica que sufriu diversas reformas, unha vez cruzamos a ponte viramos á esquerda que nos leva por un camiño paralelo ao río Deva ata un pontón, cruzarémolo e seguimos o camiño de terra que nos levará á aldea de Vilanova da Barca.

Tramo 6: Vilanova da Barca - Cortegada

  • Lonxitude: 3,3 Km.
  • Dificultade: Media-Alta
  • Duración estimada: 49 min.
Proseguimos pola pista asfaltada e viraremos á esquerda para coller unha pista de terra ata chegar ao novo Balneario de Cortegada e desde alí ao centro da Vila pasando preto da igrexa. (No seu interior hai unha talla de Santiago Peregrino).

Documentos:

Ligazóns:

Enderezo
Rúa Otero Novas, 1
32200 Cortegada (Ourense) - Galicia
Email

info@caminominotoribeiro.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Política de Cookies Aceptar