Camiño Xacobeo Miñoto - Ribeiro

Etapa 4: Cortegada - Ribadavia (difícil)

Cortegada - Ribadavia (difícil)

Datos:

Lonxitude: 21 Km.
Dificultade: Media-Alta
Duración estimada: 4h. 33 min.
Descargar roteiro: (Kml) Premer aquí.
Neste tramo, o Camiño intérnase de novo entre sobreiras, carballos e piñeiros que nos acompañarán ao longo do traxecto, a natureza sorprenderanos, pequenas aldeas, como San Bieito (San Benito) onde podemos ver o "humilladoiro" de Meréns, seguindo o Miño chegaremos a Arnoia e finalmente a Ribadavia antiga capital do Reino de Galicia.

Tramo 1: Arnoia - Reigoso

  • Lonxitude: 4,40 Km.
  • Dificultade: Alta
  • Duración estimada: 57 min.
Desde a capela de San Amaro (Arnoia) parte unha bifurcación que se dirixe a Castrelo de Miño por un camiño de ferradura (en tramos, xa que na parte media está alterado por traballos de acondicionamento) ata chegar á aldea de Reigoso (concello de Castrelo de Miño), onde atoparemos unha estación de petróglifos (arte rupestre) gravados nas rocas.

Tramo 2: Reigoso - Castrelo de Miño

  • Lonxitude: 2,80 Km.
  • Dificultade: Baixa
  • Duración estimada: 36 min.
Desde a aldea de Reigoso comézase a descender por pista asfaltada ata chegar a unha pista de terra e cun ancho medio duns 4 metros, á esquerda, que os aldeáns de Padreiro denominan Camiño Real, polo que se vai descendendo ata chegar ao devandito lugar no que atopamos un cruceiro e a igrexa parroquial de Santa María de Castrelo, de orixe  románica e que se asenta sobre un castro.

Tramo 3: Castrelo de Miño - Ribadavia

  • Lonxitude: 5 Km.
  • Dificultade: Baixa
  • Duración estimada: 1 h. 5 min.
Seguindo por pista asfaltada pasamos á beira dunhas termas para cruzar pola actual ponte de Castrelo (o orixinal sería do século  XII) para xa penetrarnos en terras de Ribadavia, capital da comarca do Ribeiro, vila histórica, antiga capital de Reino de Galicia.

Galería de fotos:

Documentos:

Ligazóns:

Enderezo
Rúa Otero Novas, 1
32200 Cortegada (Ourense) - Galicia
Email

info@caminominotoribeiro.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Política de Cookies Aceptar