Camiño Xacobeo Miñoto - Ribeiro

Etapa 1: Frieira “Padrenda” - Cortegada

Frieira “Padrenda” - Cortegada

Datos:

Lonxitude: 14,5 Km
Dificultade: Media-Alta
Duración estimada: 5 h 42min
Descargar roteiro: (Kml) Premer aquí.
Dende Melgaço cara Cevide entramos en Galicia polo lugar de Acivido. Lugar histórico, paso fronteirizo con Portugal, liña imaxinaria que separa dúas nacións unidas por séculos de historia, é a fronteira máis antiga de Europa, neste punto é o marco número un de ambos os países.

Tramo 1: Frieira - O Condado

  • Lonxitude: 3,1 Km
  • Dificultade: Media-Alta
  • Duración estimada: 0 h 51 min
Dende Acivido ascenderemos por un camiño entre muros para chegar ao lugar de Friera, dende aquí ascendendo, o camiño guiaranos ata a igrexa de Desteriz, á esquerda a casa reitoral, continuamos e chegaremos a un cruceiro de pedra, deixarémola á nosa dereita e ascenderemos ata chegar ao lugar da Agra, dende aquí seguiremos pola estrada OU-801 dirección O Condado, chegaremos a un punto estratéxico da ruta, a igrexa de Santa María do Hospital do Condado, neste lugar está documentada a existencia dun hospital.

Tramo 2: O Condado - Trado

  • Lonxitude: 4,4 Km
  • Dificultade: Media-Alta
  • Duración estimada: 1 h 14 min
Ao saír desta aldea, o camiño continúa cara á aldea da Carreira por un camiño asfaltado e de terra ata o pequeno pobo da Espiña cunha coraza de ánimas nun cruce de camiños. Dende este punto saímos do concello de Padrenda para entrar no concello de Pontedeva. Dende a última aldea da Espiña seguimos pola estrada OU-801OU-193 ata chegar ao polígono de Trado, que baixa por un camiño de terra ata chegar á aldea de Trado.

Tramo 3: Trado - Vilanova da Barca

  • Lonxitude: 4 Km
  • Dificultade: Media-Alta
  • Duración estimada: 52min
Atravesaremos a aldea de Trado pola zona máis antiga ata achegarnos á igrexa parroquial. Dende aquí baixamos por un camiño de terra con algúns tramos asfaltados para chegar a Ponte Trado, ponte histórica que sufriu diversas reformas.Unha vez cruzada a ponte xiramos á esquerda que nos levará por un camiño paralelo ao río Deva ata un pontón. cruzarémolo e seguiremos o camiño de terra que nos levará ata a aldea de Vilanova da Barca.

Tramo 4: Vilanova da Barca - Cortegada

  • Lonxitude: 3,3 Km
  • Dificultade: Media-Alta
  • Duración estimada: 49min
Seguimos pola pista asfaltada e xiraremos á esquerda para coller unha pista de terra ata chegar ao novo Balneario de Cortegada e dende alí ao centro da Vila pasando preto da igrexa cuxa advocación é Santiago e no seu interior hai unha talla de Santiago Peregrino.

Galería de fotos:

Documentos:

Ligazóns:

Enderezo
Rúa Otero Novas, 1
32200 Cortegada (Ourense) - Galicia
Email

info@caminominotoribeiro.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Política de Cookies Aceptar