Camiño Xacobeo Miñoto - Ribeiro

Etapa 8: O Foxo - A Gándara

O Foxo - A Gándara

Datos:

Lonxitude: 20,70 Km.
Dificultade: Media
Duración estimada: 4 h. 29 min.
Descargar roteiro: (Kml) Premer aquí.
O roteiro segue ata a aldea da Mamoela e O Piñeiro, cruzaremos unha ponte histórica, a de Sarandón xa no termo municipal de Vedra para seguir dirección A Gándara no concello de Boqueixón.

Tramo 1: O Foxo - O Piñeiro

  • Lonxitude: 6,80 Km.
  • Dificultade: Media
  • Duración estimada: 1 h. 28 min.
O roteiro segue por pista de terra e asfaltada ata a aldea de San Pedro de Ancorados no que o micro-topónimo Malata, nos arredores da mesma, está a indicar a posible presenza dun antigo hospital de enfermos. A igrexa, de orixe románica, está inventariada como antiga necrópole medieval. Continúase pola aldea de Mamoela por pista asfaltada para ascender ao monte Moído por pista de terra (nesta contorna rexístranse varias mámoas) e baixar ata a Aldea da Pica (A Pica), topónimo que nos está indicando a presenza dun lugar no que se aforcaba ou executaba a persoas condenadas á beira de camiños importantes para servir a maneira de exemplo.

Continúase por Vilagude, cun castro e topónimo que fai referencia a un propietario romano, pola capela de San Vicente (foi trasladada a ese lugar no século XVIII) ata o lugar de Pazo e a igrexa parroquial de Ribeira, de arquitectura  neoclásica e que acolle no interior a figura dun Santiago Peregrino, seguindo por pista asfaltada chégase primeiro á aldea do Piñeiro.

Tramo 2: O Piñeiro - Lestedo

  • Lonxitude: 8,40 Km.
  • Dificultade: Media
  • Duración estimada: 1 h. 49 min.
Seguimos dirección Ribeira, núcleo que conserva a súa estrutura moderna, para finalmente pasar por unha ponte vella ata o lugar da Ponte (Pazo dos Araújo) e finalmente cruzar o Puente de Sarandón (referencias documentais do século XII) para xa entrar no concello de Vedra. Seguimos por pista asfaltada ata os núcleos de Casanova e Silva de Arriba ata chegar ao Cruzamento de Sarandón que seguimos dirección norte ata pasar a autovía que se colle desvío á dereita, por pistas de terra e asfaltadas ata chegar ao lugar de Lestedo.

Tramo 3: Lestedo - A Gándara

  • Lonxitude: 5,50 Km.
  • Dificultade: Media
  • Duración estimada: 1 h. 11 min.
Despois de percorrer uns 300 metros pola beirarrúa da estrada vira en dirección á capela da nosa Señora de Lourdes e desde alí, indo por pista asfaltada ata chegar ao cruceiro do Castrelo onde entronca coa Vía da Prata e segue a mesma ata Santiago de Compostela, seguindo o camiño chegaremos á Gándara.

Galería de fotos:

Documentos:

Ligazóns:

Enderezo
Rúa Otero Novas, 1
32200 Cortegada (Ourense) - Galicia
Email

info@caminominotoribeiro.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Política de Cookies Aceptar