Pazos de Arenteiro
Feás
Antas
Soutelo de Montes
Preparémonos para unha etapa especialmente longa e esixente, de 29,60 km. Sáennos ao paso pontes, camiños empedrados, calzadas medievais, pequenas e xenuínas aldeas, ata culminar esta etapa en
Soutelo de Montes -
Forcarei.
Tramo 1: Pazos de Arenteiro - Feás
- Lonxitude: 11,00 Km.
- Dificultade: Alta
- Duración estimada: 2 h. 23 min.
Saímos polo camiño real en dirección ao
barrio da Vila na que se atopan varias adegas medievais, continuando por pista asfaltada ata chegar á aldea de
Salón cruzando unha ponte de época moderna. Aquí atopamos a chamada
Granxa de Salón, de Encomenda de Pazos xunto con outras adegas históricas. Segue o camiño, ascendente e en dirección norte, entre muros e lousado e sobre roca natural, ata a
paraxe de Santa Lucía, onde se localizaba a capela do mesmo nome antes de ser trasladada á aldea (
hoxe hai un peto de ánimas e os restos dun cruceiro).
O roteiro, despois de chegar á
igrexa parroquial de Albarellos, continúa polo camiño real ata as adegas de
Tombelo na que se localiza outra adega medieval de Encomenda de Pazos e desde aquí ata a aldea de
Lamela e
Paredes na que se sitúa a
capela de San Lourenzo que acolle no interior
a figura dun Santiago Peregrino que estaba enterrado e que apareceu durante as obras de arranxo da mesma. No exterior ten gravada unha cruz e o nome do comendador de Encomenda de Pazos. O camiño segue por pista asfaltada ata chegar á
aldea de Vilachá, na que se localiza un castro, para proseguir por pistas de terra e asfalto ata a
aldea de Feás, pasando antes pola necrópole tumularia (mámoas) da
Bicada.
Tramo 2: Feás - Antas
- Lonxitude: 4,7 Km.
- Dificultade: Alta
- Duración estimada: 1 h. 11 min.
Seguimos, en dirección norte, e por pista asfaltada ata chegar á aldea da
Fenteira, desde a saída deste núcleo, collemos pista de terra en dirección norte que nos leva ata a paraxe coñecida como
mámoa do Ouro (
á beira do camiño temos unha mámoa*) para logo coller cruzamento á esquerda que nos leva á paraxe da
Portela da Chancela e concretamente ata a
ponte do Becho (muíño) para proseguir por pista de terra en dirección norte ata chegar á paraxe da
Lavandeira onde por pista de terra seguimos parte do tramo chamado Verea Vella que nos leva á aldea das
Antas na que se localiza o marco "
Mesa dos Bispos", marco diocesano e xurisdicional nomeado na documentación da Idade Media, á beira dun cruzamento de camiños recoñecido (o Padre Sarmiento na súa viaxe noméao) e no que se aprecian as iniciais das diferentes dioceses e xurisdicións gravadas na pedra.
Desde esta aldea de montaña o camiño segue por tramo de pista asfaltada e de terra ata a parte norte da aldea de
Antas.
*Mámoas: Túmulos funerarios característicos do Neolítico.
Tramo 3: Antas - Soutelo de Montes
- Lonxitude: 13,9 Km.
- Dificultade: Alta
Seguimos o camiño dirección
Arnelas e desde alí, por pista asfaltada ata a aldea da
Ermida, continuamos por camiño de terra e entre muros ata a aldea de
Portela de Lamas, para por tramo de pista asfaltada chegar ao cruzamento coa N-541 e logo duns 350 metros collemos pista de terra á esquerda que con suave descenso chega a
Soutelo de Montes, antiga capital da xurisdición de Montes a principios do século XVI e no que se atopan dous cruceiros, un deles con figuras de Santiago Peregrino e San Roque, patrón de Sout
Galería de fotos:
Documentos:
Ligazóns: