O Foxo
O Piñeiro
Lestedo
A Gándara
O roteiro segue ata a
aldea da Mamoela e
O Piñeiro, cruzaremos unha ponte histórica, a de
Sarandón xa no termo municipal de
Vedra para seguir dirección
A Gándara no concello de Boqueixón.
Tramo 1: O Foxo - O Piñeiro
- Lonxitude: 6,80 Km.
- Dificultade: Media
- Duración estimada: 1 h. 28 min.
O roteiro segue por pista de terra e asfaltada ata a aldea de San Pedro de Ancorados no que o micro-topónimo Malata, nos arredores da mesma, está a indicar a posible presenza dun antigo hospital de enfermos. A igrexa, de orixe románica, está inventariada como antiga necrópole medieval. Continúase pola aldea de Mamoela por pista asfaltada para ascender ao monte Moído por pista de terra (nesta contorna rexístranse varias mámoas) e baixar ata a Aldea da Pica (A Pica), topónimo que nos está indicando a presenza dun lugar no que se aforcaba ou executaba a persoas condenadas á beira de camiños importantes para servir a maneira de exemplo.
Continúase por Vilagude, cun castro e topónimo que fai referencia a un propietario romano, pola capela de San Vicente (foi trasladada a ese lugar no século XVIII) ata o lugar de Pazo e a igrexa parroquial de Ribeira, de arquitectura neoclásica e que acolle no interior a figura dun Santiago Peregrino, seguindo por pista asfaltada chégase primeiro á aldea do Piñeiro.
Tramo 2: O Piñeiro - Lestedo
- Lonxitude: 8,40 Km.
- Dificultade: Media
- Duración estimada: 1 h. 49 min.
Seguimos dirección
Ribeira, núcleo que conserva a súa estrutura moderna, para finalmente pasar por unha ponte vella ata o lugar da
Ponte (
Pazo dos Araújo) e finalmente cruzar o
Puente de Sarandón (
referencias documentais do século XII) para xa entrar no concello de
Vedra. Seguimos por pista asfaltada ata os núcleos de
Casanova e
Silva de Arriba ata chegar ao
Cruzamento de Sarandón que seguimos dirección norte ata pasar a autovía que se colle desvío á dereita, por pistas de terra e asfaltadas ata chegar ao lugar de
Lestedo.
Tramo 3: Lestedo - A Gándara
- Lonxitude: 5,50 Km.
- Dificultade: Media
- Duración estimada: 1 h. 11 min.
Despois de percorrer uns 300 metros pola beirarrúa da estrada vira en dirección á
capela da nosa Señora de Lourdes e desde alí, indo por pista asfaltada ata chegar ao
cruceiro do Castrelo onde entronca coa
Vía da Prata e segue a mesma ata Santiago de Compostela, seguindo o camiño chegaremos
á Gándara.
Galería de fotos:
Documentos:
Ligazóns: